Contos para Coidar a Natureza (Anxo Moure)

Benqueridas compañerias e compañeiros:

DSC04507

Onte celebramos na Casa das Árbores o obradoiro da SGEA “Contos para Coidar as Natureza”. Estaban anotadas 21 persoas e foronse borrando (sobre todo nas ultimas 24 horas) ata que en 11 inscritos. Ainda así cos veciños do lugar conseguimos chegar ao longo da xornada a un total de 41 persoas participantes, 30 adultos e 11 nenas e nenos. Cun agape de benvida con froitas, café do comercio xusto e iogures ecolóxicos de Xanceda apresentamos o proxecto e foi María de Ventos quen falou do traballo da SGEA e a necesidade de participar nela. O programa cumpriuse na sua maioria de feito que organizaronse 3 obradoiros paralelos con Servando Barreiro (música), Anxo Moure (conto) e Cristina Ouro (ilustración) que desembocaron nun fermoso ecncontro con Celso F Sanmartin dentro do Cinema Palleiriso que ceibou un montón de propostas ilustrativas sobre o conto como ferramente para enraizarnos na terra e poder coidala, rematando pola mañan proxección da curtametraxe galega sobre un conto de Saramago (A flor máis grande do mundo) mais varios traballos audiovisuais de A Casa Enchantada. O xantar, empanadas de Chantada, bacallau, liscos e carne, conservas, queixos Arzua-Ulloa, chourizos, galletas ecolóxicas mariñeiras con patés as finas herbas e todo regado con sidra ecolóxica de Maeloc cun postre de galletas (de conto) “mamaelviras” e café e infusións do comercio xusto.

Despois do xantar encetamos unha ronda de conteiras e conteiros con Celsiño, Francisco do Romualdo e a sua zanfona, Alfredo Valin, Servando Barreiro e o seu acordeon, a mestra Fátima, Montse Escudero e os seus contos cantados e Anxo Moure, incluindo talleres de elaboración dun conto comun. A ronda conteira rematou cun debate que puxo en valor o conto como ferramenta de educación ambiental acordando crear unha espazo na rede (a ser posible dentro da páxina da SGEA) que recolla os materiais bibliográficos que, empezando co conto e as árbores, poida co tempo ser un referente de busca de bibliografia ambientalista que ten como soporte o conto, o canto e a ilustración. Quedamos en enviar todas aqueles contos que coñezades sobre as árbores e unha breve reseña sobre eles a carballoconbotas@hotmail.com .
Na continuación convidounos Celso a un encontro audiovisual sobre as músicas das familias xitanas a traves de extractos dun filme de Costra Gravas que foi mergullado fantasticamente cunha actuación das Pandereteiras de Alemparte.
Para rematar fixemos un roteiro de conto ate a propia fraga de Almeparte para escoitar de novo os contos no bosque de Celsiño.
Recibindo parabéns de absolutamente todas as alumnas e alumnos desta Escola de Contacontos que insistiron na necesidade de darlle continuidade rematou este obradoiro de Contos para Coidar a Terra.
A miña visión persoal deste encontro é a seguinte:
No positivo que se poidese celebrar xa é todo un motivo para ser optimistas, o apoio da SGEA, a diversidade de alumnas e alumnos (mestras de infantil e primaria, mestres de secundaria, educadoras sociais, mestres de ciclos de animación, bibliotecarias, etnógrafois e nais e pais), debo engadir como positivo o nivel dos conteiros Celso engaiolounos, Servando encantounos  e Cristina pintounos de cor a nosa esperanza, e todas e todos os que se animaron a participar. Creo que acertamos na planificación organizativa (algo sinxelo, facil de crear e coordinar) e nos horarios que case milimetricamente foron cumpríndose. Foi clave as facilidades que conteiros e alumnas/os puxeron colaborando en todo momento a hora de xestionar o xantar, de facilitar todo, a xente simplemente namorounos. Evidentemente foi indispensable o protagonismo da contorna en todo momento, do canto dos paxaros, do falar das árbores, das veciñas e  veciños, foi como se estivese creado para este encontro.
No negativo, a escasa repercusión que tivo un proxecto que eu pensaba tan interesante pola calidade das persoas, polo lugar, contaba  con chegar facilmente as 60 persoas  e coas baixas chegamos a eses 11, tendo en conta forte campaña que fixemos por todos lados (especiais grazas a Fran e o esforzo que fixo por movelo na universidade)
Pasámolo tamén pero sobre todo aprendimos tanto un de outros e reforzamos tanto a nosa paixón por educar para coidar a terra, que sintes un pouco de magoa porque non fora compartido por mais xente. Houbo tan bó ambiente que os últimos en marchar (Belen, Iñaki e Roi cos seus licores ecolóxicos de Alicornio) fixérono xa perto da madrugada.
O balanzo económico apresentarémolo nesta semana.
Un agradecemento a todos pero en especial a Camilo que sempre creu neste proxecto (e a Selmo que debutou como contacontos ambientalista e ben que o fixo), a Maria de Ventos e a mestra Marta porque deixouse a pel neste encontro porque como mestra da educación pública dixome que, sobre todo pensando no presente e no futuro das suas alumnas e alumnos de infantil, cree profundamente que os centros escolares hai que enchelos de contos para coidar a natureza.
!Grazas SGEA!
Nota: primeiras fotos xa no facebook dos Contos Solidarios.