A SGEA ESIXE A PARALIZACIÓN DOS CONCURSOS PÚBLICOS PARA A ATENCIÓN AO PÚBLICO DOS PARQUE NATURAIS E DAS AULAS DE NATUREZA DE GALICIA

A SGEA,  ven de presentar alegacións á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio polo concurso de licitación para a contratación do servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental nos Parques Naturais e nas Aulas de Natureza de Galicia. Nas alegacións pídese a retirada e a reformulación dunhas condicións que fan difícil ou imposible que se contrate persoal especializado en Educación Ambiental en condicións dignas.

Despois de anos coas Aulas de Natureza pechadas ou cunha apertura anecdótica, agora sae a concurso a súa xestión cun presuposto tan baixo que a contratación das tres persoas do equipo técnico que esixe a convocatoria, cunha formación requirida moi específica (non recolle unha parte importante dos perfís formativos que poden desenvolver estas funcións) que deixa fora a máis da metade dos educadores e educadoras ambientais de Galicia, poderíase facer cunhas condicións salariais, nalgúns casos, por debaixo do salario mínimo interprofesional, e por tanto ilegalmente, cando a titulación mínima esixida é de titulado ou licenciado.

Ademais a empresa adxudicataria tería que facerse cargo de outras funcións que van mais alá do servizos de atención de visitantes aos espazos protexidos: elaboración do plan de uso turístico do espazo natural (que entendemos que deberían ser redactados por expertos do sector), os custes de limpeza (servizo regulado por convenio propio), realizar charlas e outras actividades en todos os centros educativos de toda Galicia que así o soliciten sen limitación (lembrar que en Galicia temos arredor de 1.400 centros escolares), etc,..

Diante deste desatino, a SGEA solicita a paralización do procedemento e a retirada dos pregos de condicións, a publicación dos cadro de prezos nos que se basea a licitación e a elaboración dunha nova convocatoria contando co sector da Educación Ambiental para a súa redacción.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s