CONTOS PARA COIDAR A TERRA (II PARTE)

Todxs coñecemos ben os contos como recurso motivador en Educación Ambiental. Aquí temos a segunda parte do Obradoiro de «Contos para coidar a Terra» onde poderemos coñecer mais en profundidade, cuestións editoriais do conto como ferramenta de educación ambiental. Tamén haberá unha parte de experiencias de contos contados, contos ilustrados e contos cantados para e así animarnos a contar contos.

PROGRAMA

Sábado 17 setembro 2016

10:30-11:30 Presentación do obradoiro e exposición de libros. (As temáticas ambientais a través dos contos). Camilo Ojea e Anxo Moure

11:30-12:00 Pausa café

12:00-13:00 Charla: “A Educación Ambiental vista dende as editoras”. (Kalandraka, Bahia,…) Relación de materias

13:00-14:00 Dinamización da lectura. Xeitos de expoñer libros. Saída e lectura conxunta.

14:00-16:00 Xantar campestre. Trae o teu xantar!

16:00-17:30 Contos ilustrados: Chus Ferrín. Obradoiro: Ilustrando un conto nunha bota:

17:30-19:00 Contos contados: Bea Campos (Migallas). A dramatización como método de expresión.

19:00-19:30 Pausa

19:30-20:30 Contos cantados: Paco Nogueiras: un proxecto cos pes na terra.

Xs participantes poden traer:

  • O título de un libro para crear unha base de datos de “Contos para coidar a Terra”

  • Unha bota vella para o obradoiro de ilustración.

  • O xantar se se quere facer pic-nic no parque de Belvis a sombra das árbores e dos contos.

Organiza: SGEA

Destinatarios: docentes, profesionais,…

Datas: 17 setembro 2016

Lugar: CIAC- Santiago Compostela.

Información: https://blogsgea.wordpress.com/ sgea@sgea.org /619484395

Inscripcións: 20€/non socixs- 10€/socixs envía fichacursos@sgea.org

Descarga cartaz para difundir

VII XORNADAS GALEGAS DE EDUCACION AMBIENTAL A EDUCACIÓN AMBIENTAL: UN SERVIZO PÚBLICO?

VII XORNADAS GALEGAS DE EDUCACION AMBIENTAL

A EDUCACIÓN AMBIENTAL: UN SERVIZO PÚBLICO?

A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) comunica a celebración das VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Nesta edición pretendemos tomar o relevo das xornada galegas que non se realizan dende o 2009 para debater o estado da Educación Ambiental en Galicia no tocante a súa presenza nas políticas públicas. Queremos poñer enriba da mesa o debate da Educación Ambiental como servizo público; como dereito da cidadanía e deber das administracións. Analizar a situación actual e reflexionar sobre que habería que cambiar na Educación Ambiental e propostas para facelo. Tamén ofrecer un espazo para o coñecemento de experiencias de Educación Ambiental.

METODOLOXÍA

O programa provisional, formúlase como un espazo de debate continuo a través de mesas dinámicas con distintas temáticas que contarán coa participación de persoas e iniciativas que entendemos significativas no campo.

As/Os participantes nas xornadas poderán formular as súas preguntas antes (a través do Facebook e o correo-e) e durante o debate, co obxectivo último de obter unhas conclusións participadas por todas.

Organiza: SGEA

Destinatarios: Investigadorxs, movementos sociais, ONGD, docentes, profesionais,

                   administración,…

Datas: 14-15 outubro 2016

Lugar: Santiago de Compostela.

Cuota: 10€ socios/as e desempregados/as/ 15€ non socios/as

Inscripcións: Enviar ficha incripción cursos@sgea.org

Presentación de esperiencias: Enviar ficha experiencias a cursos@sgea.org

Información: https://blogsgea.wordpress.com/ sgea@sgea.org /619484395

PROGRAMA descargar

Venres 14 outubro 2016

16:00-16:30 Acreditacións.

16:30-17:00 Inauguración das xornadas.

17:00-19:00 Mesa debate 1: Políticas públicas de Educación Ambiental.

Contexto: A Educación Ambiental é un elemento anecdótico dentro das políticas públicas da administración. En liñas xerais, non só non está considerada un servizo público senón que nin sequera está contemplada como un elemento estratéxico da acción política.

Obxectivo: Coñecer a opinión das distintas administracións e partidos ao respecto do papel da EA como servizo público e como elemento estratéxico das súas políticas.

19:00-19:30 Feira de experiencias con petiscos. Un espazo para que cada un/unha poida presentar as súas experiencias.

Sábado 15 outubro 2016

10:00-12:00 Mesa debate 2 : A Educación Ambiental no ensino.

Contexto: A EA aparece de forma transversal no sistema educativo; isto fai que, no mellor dos casos, a súa presenza no ensino estandarizado quede ligada á boa vontade do profesorado de cada centro. En paralelo, están a xurdir moitas iniciativas de escolas libres que tratan á EA de maneiras moi distintas.

Obxectivo: Valorar o papel que ten e que debería ter a EA no sistema educativo e tamén os novos escenarios que se abren coas escolas libres.

12:00-14:00 Café debate: Conservación e mercado na Educación Ambiental.

Contexto: A conservación do patrimonio está nunha dinámica de privatización crecente. Incluso con boas intencións como pode ser o caso de moitos proxectos de custodia do territorio. As empresas tiveron que cubrir un espazo que a administración non cubriu ou o fixo con medios moi limitados (tanto en recursos humanos como económicos). Consecuencia: sector extremadamente precario e inestábel; as empresas non se poden dedicar exclusivamente á EA.

Obxectivo: Que postura tomar ante esta privatización e que papel ten que xogar a EA, de querer apostar por ser un servizo público?. Que facer para cambiar esta dinámica e achegarnos á EA como servizo público?

16:00-17:30 Roteiro interpretativo.

17:30-19:30 Mesa debate 3: A Educación Ambiental, identidade e cambio social

Contexto: A EA como transcampo con «demasiados» temas que tratar… Se non sabemos moi ben nin «quen somos?», dificilmente imos saber «de onde vimos?» e «cara onde?»… Neste contexto, seguen aparecendo movementos, tendencias e propostas ligadas aos campos que teoricamente conforman o transcampo da EA (decrecemento, ecofeminismo,..)

Obxectivo: Valorar como xestionar as distintas dimensións da EA e, se é pertinente, como integrar novas propostas emerxentes.

19:30-19:45 Muro de concusións: representación gráfica.

19:45-20:00 Cálculo da pegada ecolóxica das xornadas e transparencia.

20:00 Peche das xornadas.