Mesa debate 2. A Educación Ambiental no ensino público.

Esta semana tentaremos recoller preguntas para a mesa debate a educación ambiental no ensino. Como xa fomos explicando, estas preguntas se lles fara chegar aos ponentes da mesa, que neste caso será alguén da consellería, algunha mestra do ensino público en activo, alguén da nova escola galega e alguén dalgún proxecto de escola libre. En canto estean todas confirmadas xa as presentaremos.
A EA aparece de xeito transversal no sistema educativo, o que fai que a súa presenza estea ligada á vontade do profesorado no mellor dos casos. Mais están a aparecer iniciativas de escolas libres que tratan a EA de xeitos moi distintos
Entón queremos valorar o papel da EA no sistema educativo e os novos escenarios que se abren.
Participa na conformación das preguntas da mesa!!

Mesa debate 1: Políticas públicas de Educación Ambiental

Formularemos preguntas en torno a cada espazo de debate, os mOderadorxs responsables desas mesas faranllas chegar aos participantes da mesma. Podes facer as preguntas aquÍ no blogue, no noso Facebook ou a través do correo electrónico da SGEA: sgea@sgea.org

Esta semana, políticas públicas de Educación Ambiental.

A Educación Ambiental é un elemento anecdótico dentro das políticas públicas da administración. Non están contemplada nen sequera como un elemento estratéxico da acción política.

Tentaremos coñecer a opinion das distintas administracións, concellos, deputación, consellería,… e distintos partidos ao respecto da EA como servizo público e como elemento estratéxico das súas políticas.

DEIXANOS A TÚA PREGUNTA!!

Calendario de preguntas para traballar nas VII xornadas Galegas de Educación Ambiental. A Educación Ambiental: un servizo público?

Esta semana comezaremos co calendario de preguntas a realizar nas VII Xornada Galegas de Educación Ambiental. Ao longo das semanas que quedan ate as xornadas, poderedes ir facendo preguntas para cada unha das tres mesas debate que haberá nas xornadas.

Esta semana comezaremos coas preguntas da mesa 1: Políticas públicas de educación ambiental.

A semana do 26 setembro, traballaremos coas preguntas da mesa 2: A Educación Ambiental no ensino.

A semana do 3 outubro, tocará traballar coa mesa 3: A Educación Ambiental, identidade e cambio social.

A semana do 10 outubro, explicaremos como vai ser o café-debate co título “Ambiente ou mercado?”

Xa podedes ir pensando as preguntas!!

E sobre todo, difundide!!! Queremos que participe canta mais xente mellor.

VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental. A educación Ambiental: un servizo público?

Deberia ser a Educación ambiental un servizo público? Deberia ser a Educación Ambiental un dereito da cidadania, un deber das administracións? Queres analizar a situación actual e reflexionar sobre que haberia que cambiar na Educación Ambiental? Tes propostas para facelo?

Xa te podes anotar nas VII xornadas galegas de Educación Ambiental. “A Educación Ambiental: un servizo público?”

Podes comezar a facer as preguntas para cada unha das mesas debate, e nos feremosllas chegar a cada compoñente. As mesas serán:

Mesa debate 1: Políticas públicas de Educación Ambiental.

Mesa debate 2 : A Educación Ambiental no ensino.

Mesa debate 3: A Educación Ambiental, identidade e cambio social.

Teremos tamén café-debate, roteiro interpretativo en clave de xénero e de ambiente urbano, podes presentar a túa experiencia,…

Consulta o programa aquí

Ficha inscripción

Ficha experiencias

Cartaz

Facebook